28/6/17

It's Summer!

Chegamos ao final deste curso escolar que pasou voando.

Na aula a "song" que máis soaba era...



A mín encantame, non me canso de escoitala.

Para traballar sobre o verán, ademáis de aprendernos a canción , tamén fixemos un "ice cream" virtual, onde a teacher ía dicindo o que quería no xeado e o alumnado llo preparaba. 




A simple vista pode parecer que non ten moito de inglés, pero volo explico un pouquiño.

Eu era unha clienta que lles pedía un xeado. De un en un van saíndo ao EDI para facer a actividade. Nun principio eu dou as ordes, logo pódese pedir colaboración facendo que digan o vocabulario aprendido.

Así que íalles pedindo que si de caramelo ou amorodo, que si en taza ou cucurucho, con pepitas de chocolate ou con cereixas, etc. A actividade a dividín según o nivel claro (4º-5º-6º).

Exemplo:
  • Aos de 4º lles dixen as cores dos xeados e o número de cobertura que quería, e o resto que o adornaran eles.
  • Aos de 5º engades xa o vocabulario da cobertura e dos sabores.
  • Os de 6º poden xa intentar recoñecer as palabras según a pronuncia, do contrario sempre se lle bota unha man.


Por suposto, o que quixera participar debía facelo pedido en inglés. Ao final, gárdase o pedido e sírveselle ao montruo que está esperando na barra.



Este ano as portadas de inglés foron moi sinxelas, pois debo confesar que non calculei ben o tempo.

Coa aplicación QUIVER de realidade aumentada e o debuxo sobre o verán, decidín facerlles a portada, inda que eles non o sabían. Cada un coloreou o seu debuxo, e despois os fun chamando de un en un para que o viran coa tablet, e aproveitei e fixenlles unha foto.










Ata aquí chegou a unidade do SUMMER, o curso que vén, máis e mellor.

Vémonos! -  See You!