10/4/16

Let's Sing!

Quero empezar un apartado donde vos poida deixar cancións para practicar o INGLÉS. 

Esta será a primera: Ronan Keating - "When you say nothing at all"


A ver que tal o facedes!

Un saúdo.

Free Printables for Teachers

Aquí vos deixo a dirección de catro webs que me axudaron moito ao principio da carreira e que inda hoxe visito de vez en cando.

Si facedes clic nas imaxes, éstas vos levarán directamente á páxina. En todas elas encontraredes materiais para imprimir.  

En "Mes-English" non tedes que rexistrarvos pero nas demáis sí, pero volas recomendo.













 Por hoxe isto é todo. Un saúdo.




Buscando axuda.

Cando comencei a dar clases a miña única experiencia eran os libros. Montóns e montóns de libros con súas teorías e os seus "saberes", pero a práctica era algo descoñecida para mín. 

Que INGLÉS lles vou ensinar eu a uns nenos tan pequenos de entre 3 e 5 anos (algúns ainda teñe 2 anos cando empezan) que malamente saben falar o seu propio idioma...? pensaba eu.

Decidín pedir axuda literalmente. Como non coñecía a ningunha profe de inglés que dera en infantil busquei na rede e así foi cómo encontrei a Esperanza Moreno.

Recomendo que vos pasedes polo seu blogue, pois ten unhas ideas moi interesantes e que a mín no seu momento "axudou-ensinou" como boa teacher que é. Podedes clicar no enlace que vos deixo abaixo co seu nome e vos levará ao blogue.


http://espemoreno.blogspot.com.es/ 

Espero que disfrutedes e aprendades tanto como min. 

Un saúdo.

WELCOME!

Benvid@s ao meu blogue.

Un novo reto que espero poder levar a cabo e non perderme polas miles de páxinas que encontro cada día.

Este blog nace como froito dun curso e co propósito de superar a tarefa encomendada, pero desexo que non quede só niso, así que intentarei mantenelo vivo.

Como indico na cabeceira, son mestra de inglés en infantil e primaria e este blogue xirará en torno a ese idioma que ensino e amo.

Espero cumplir cos propósitos e que vos disfrutedes conmigo.

Un saúdo.