10/4/16

Buscando axuda.

Cando comencei a dar clases a miña única experiencia eran os libros. Montóns e montóns de libros con súas teorías e os seus "saberes", pero a práctica era algo descoñecida para mín. 

Que INGLÉS lles vou ensinar eu a uns nenos tan pequenos de entre 3 e 5 anos (algúns ainda teñe 2 anos cando empezan) que malamente saben falar o seu propio idioma...? pensaba eu.

Decidín pedir axuda literalmente. Como non coñecía a ningunha profe de inglés que dera en infantil busquei na rede e así foi cómo encontrei a Esperanza Moreno.

Recomendo que vos pasedes polo seu blogue, pois ten unhas ideas moi interesantes e que a mín no seu momento "axudou-ensinou" como boa teacher que é. Podedes clicar no enlace que vos deixo abaixo co seu nome e vos levará ao blogue.


http://espemoreno.blogspot.com.es/ 

Espero que disfrutedes e aprendades tanto como min. 

Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario