8/4/17

Un novo comezo

Designed by Freepik

Este é un novo comezo.

Pensando na comunidade de pais e alumnos do CRA "Mestra Clara Torres", quero compartir este espazo.

Decidín compartir as actividades levadas a cabo na hora de inglés, e ao mesmo tempo crear un espazo donde as familias poidan encontrar recursos para usar na casa.

A ensinanza do inglés na aula está enfocada maioritariamente ao uso da lingua oral. A aprendizaxe dunha linguaxe funcional que axude aos cativos relacionar o que escoitan coa súa vida cotidiá.

Desde o saúdo ao chegar a clase ata a despedida, a comunicación en inglés estará baseada na vida real acompañada sempre de apoio visual e xestual, proporcionando así unha mellora do entendemento por parte do alumno.

Nas miñas clases, a metodoloxía que emprego está baseada no "Total Physical Response (TPR)", un método desarrollado polo Dr. James J. Asher que defende a idea de que o aprendizaxe dunha lengua adicional debe ser ensinada como a lengua materna. 

Así, empregando nun principio unha linguaxe formada por frases cortas, imperativos e mandatos, a través das canciones e dos xogos, o alumno pouco a pouco vai interiorizando esa linguaxe e o profesor vai aumentando co tempo o vocabulario e as expresións.

Debo decir tamén que me encantan as tecnoloxías, e éstas son ao mesmo tempo unha gran ferramenta para o aprendizaxe dun idioma, por iso non falta nas miñas clases actividades relacionadas con elas. 

Gustaríame recordarvos que o inglés nesta etapa educativa é tan só unha primeira toma de contacto, pero que eu como mestra de inglés pretendo que os meus alumnos aprendan o máximo antes de iniciar a nova etapa de primaria.

Con todo isto termino dicindo que o meu único propósito na aula é que os meus alumnos se divirtan aprendendo e que non terminen colléndolle manía ao inglés. 

Un saúdo.


Designed by Freepik



No hay comentarios:

Publicar un comentario